miércoles, 10 de octubre de 2018

Lista de libros de lectura

Ola nen@s!!!!


Xa tedes dispoñible a lista de libros para galego e castelán deste curso. En breve, contarémosvos que teredes que facer despois de lelos. Mentras, xa podedes ir escollendo...
Como vedes, hai títulos que xa estaban o ano pasado, novidades, sagas completas...

CASTELLANO

·         El pequeño Nicolás. Goscignny. Ed. Loqueleo (+Colección)
·         Matilda. Roald Dalhl. Ed. Loqueleo.
·         Las Brujas. Roald Dalhl. Ed. Loqueleo.
·         Cuentos en verso para niños perversos. Roald Dahl. Editorial Alfaguara. Colección Loqueleo.
·         Charlie y la fábrica de chocolate. Roald Dahl. Editorial Alfaguara. Colección Loqueleo.
·         La vuelta al mundo en 80 días. Julio Verne. Ed. Bóveda.
·         Tom Sawyer. Mark Twain. Editorial Anaya Clásicos a medida.
·         La isla del tesoro. R. L. Stevenson.  Clásicos a medida, ANAYA.
·         Manolito gafotas. Elvira Lindo. (+Colección)
·         Harry Potter. J.K. Rowling. Ed. Salamandra (+Colección)
·         Forasteros del tiempo. Roberto Santiago. Ed. SM (+Colección)
·         Nevermoor. J. Townsend. Ed. Planeta (+Colección)
·         La increíble historia del papá bandido. David Walliams Ed. Montena
·         BDQ  ¿Te gusta bailar? Susan Peix. Ed. ANAYA (+Colección)
·         El curioso mundo de Calpurnia Tate. Jacqueline Kelly. Editorial Roca.
·         Las crónicas de Narnia. Clive Staples Lewis. Editorial Planeta. (+Colección)
·         El Club de los Caníbales se zampa a Don Quijote. Gabriel García de Oro. Editorial Anaya. (+Colección)
·         La lección de August. R.J. Palacio. Ed. Nube de tinta (+Colección)
·         Mortadelo y Filemón. Francisco Ibáñez. Ed. Bruguera

GALEGO

·         Lúa do Senegal. Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais
·         Formigas misión París. Pere Tobaurela. Editorial Xerais. (+Coleción)
·         Contos por palabras. Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais
·         Teño uns pés perfectos. María Solar. Ed. Kalandraka
·         A filla do ladrón de bicicletas. Teresa González. Ed. Xerais
·         Volverás, golfiño. Andrea Maceiras. Ed. Xerais
·         Escarlatina, cociñeira defunta. Ledicia Costas. Ed. Xerais (+Coleción)
·         Estanislao, príncipe de Sofrovia. M. Lourenzo González Ed. xerais
·         A qué altura está o ceo? Jorge Mira. Editorial Alvarellos. 
·         Contos para Manuela. Mario Pereira. Editorial Oqueleo.
·         Das cousas de Ramón Lamote. Paco Marín. Editorial Galaxia. 
·         O principiño. Antoine De Saint-Exupery. Editorial Galaxia.
·         Hilario e os tres medos. Xoan Babarro. Ed. Oqueleo
·         As peripecias de Extravaganzza Pérez. Ledicia Costas. Ed. Xerais.
·         Kusuma. Héctor Cajaraville. Ed. Xerais.
·         Pippi Medias Longas. Astrid Lindgren. Ed. Kalandraka

·         Astérix e Obélix. Goscignny. Ed. Xerais


4 comentarios:

  1. Nº 13 6ºB

    Ola, non sabía moi ben onde escribir este comentario, pero xa rematei de ler o libro de "Escarlatina a cociñeira defunta, de Ledicia Costas", e a verdade é que está moi interesante:

    Trata sobre un neno chamado Román, quería un curso de cociña polo seu décimo cumpreanos, que coincidía co día de defuntos, a festa dos mortos. Pero en vez de recibir o seu curso de cociña, o que lle entregaron foi un caladeiro coas instruccions para montar a Escarlatina, unha cociñeira do Inframundo, e Lady Horreur, unha araña con acento francés que vive dentro da nariz de Escarlatina.
    Xuntos emprenden unha mision ao Inframundo para resucitar á cociñeira, onde Román volverá a ver ao seu avó e competirán contra Amanito, o morto que governa no Alén, e os funguiños, os seus esbirros, na gran carreira, para que por fin poidan cociñar o prato que lle devolverá a vida a Escarlatina.
    Pero ao final a historia da un xiro repentino, Escarlatina pidelles ás encargadas de que se cumpran as profecias que lle deixen pasar á parte do Inframundo onde están os seus pais.

    E así é como remata a historia, espero que vos animedes a ler este libro porque esta super interesante!!!

    ResponderEliminar
  2. Nº7 6ºB
    Título: Esmeraldina a pequena difunta.

    Este libro conta a historia dunha nena, Esmeraldina, que morre dunha enfermidade chamada escarlatina.
    Cando morre convértese nunha pantasma, coñece a outras pantasmas coas que se divirte e xoga e viven todos no hotel onde antes habitaba coa súa familia. Un día chega un invitado non desexado, unha pantasma coleccionista de cabezas, que pretende coller a cabeza de Esmeraldina e dos seus amigos.
    Pero grazas a súa amiga a pantasma serpe que lle inxecta veneno no corpo da malvada pantasma conseguen capturar a súa cabeza e encerrala nun lugar moi moi lonxano chamado Alén.
    Finalmente Esmeraldina recibe a visita dunha nova pantasma ... se queredes saber quen é xa sabedes, invítovos a ler o libro!

    ResponderEliminar
  3. N°9 6°B
    Título:Formigas mision Nova York
    Conta que a Estatua da Liberdade cobra vida en Nova York e os Formigas van investigar.Ao cabo de varias investigacións encontran a estatua sumerxéndose no río Hudson.Os Formigas sumérxense para buscala pero non a atopan.Despois de andar moito;polo Empire State,o Flatiron...Os Formigas encóntrana. O Doutor Paumao colle a estatua e vaise con ela. Os formigas rápido suben á furgoneta e van detrás.
    Ao final os Formigas fan que Paumao se caia ao río cos crocodilos.
    O que mais me gustou:foi cando Fornela cabalgou ao lombo do touro ao que lle disparou Paumao co raio resurrector.
    O que menos me gustou:foi cando o Atlas lanzoulle a bola a os Formigas.

    ResponderEliminar
  4. nº16 6ºB
    título:Formigas misión París
    Nos formigas son 4 integrantes: Formos4, Forx4n,FORNEL4 E FORM4IL.
    Este libro fala sobre que una rapaza vai andando polo cementerio labírinto, e de repente vese a sombra de tres homes. Esos homes empezaron a perseguir a rapaza e cando a tiñan arrinconada un dos homes sacou una pistola e diparoulle a rapaza, e a rapaza desapareceu. O motivo po lo que lle dispararon a rapaza foi porque era a protagonista dun cadro de Napoleón. E os formigas investigaron a escena do crime, e nese momento veron que era cousa de Paumao , o villano. Dende ese momento os formigas vixilaron a Paumao e tiña un plan maligno, enton os formigas fixeron o seu traballo e o detuberon.

    ResponderEliminar